Inicio | Accesibilidade Web | Ligazóns | Área Privada
Novas
Área Multimedia
Bolsa de Emprego
Sección EVENTOS
Sección DOCUMENTACIÓN
Necesitas Traballadores

 

Benvida

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física.

Ten como finalidade a integración social das persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal promove e coordina un movemento asociativo con obxectivos e valores similares á vez que presta unha serie de servizos totalmente gratuítos para as persoas con discapacidade e as súas familias. Un destes servizos é a elaboración dunha Guía de Recursos para informar ás persoas con discapacidade, ás súas familias e á pobocación xeral sobre os programas, servizos, vivenda, beneficios fiscais... que están ofertados especificamente para este colectivo dacorco co disposto nas normativas vixentes para o 2009.

A aposta de COGAMI polo emprego constitúe un dos eixos fundamentais para a integración e normalización das persoas con discapacidade, non só pola independencia económica que aporta, senón tamén, como elemento de socialización. Por este motivo, existe o Grupo COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social formado por 14 iniciativas que dan emprego a máis de 600 persoas con discapacidade.