Entidades Membro
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade é unha entidade sen ánimo de lucro posta en marcha no ano 1.990, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física.
Na actualidade, COGAMI está constituída por catro Federacións Provinciais, dúas entidades de ámbito Autonómico (Agadhemo e Cegasal) e por preto de 50 asociacións comarcais e locais o que a converte na entidade máis representativa do colectivo de persoas con discapacidade física en Galicia.
Dende a súa creación trata de promover e coordinar un movemento asociativo en Galicia con obxectivos e valores similares, posto que a situación das persoas con discapacidade sen unha contorna asociativa seguiría a ser invisible.
ESTRUTURA DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DE COGAMI
PROVINCIA DE A CORUÑA
- Centros de COGAMI: Santiago, A Coruña, Ferrol
- Asociacións Membros Directos de COGAMI: AMARAI, ÍNTEGRO, ÁMBAR, ADISBISMUR
- Asociacións Membros Indirectos de COGAMI: ACEM Santiago, AODEM Santiago, Deleg Coruña AGADHEMO, Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, AVANTE, APROM, STAND, A XANELA, AMICO, ASPAMITE, ALCER Coruña
PROVINCIA DE LUGO
- Centros de COGAMI: COGAMI- Lugo
- Asociacións Membros Directos de COGAMI: AUXILIA Lugo, COGAMI-A Mariña, AGORA
- Asociacións Membros Indirectos de COGAMI: Benxamin Paz, AUXILIA Monforte, ALCER Lugo, Delg Lugo AGADHEMO
PROVINCIA DE OURENSE
- Centros de COGAMI: Discafis- COGAMI
- Asociacións Membros Directos de COGAMI: AIXIÑA
- Asociacións Membros Indirectos de COGAMI: ALCER-Ourense, AODEM, AGAL, ACCU, AURIA, AFFOU, AFAOR, Delg Ourense AGADHEMO, Asociación ourensana de Hemofilia, Asociación Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca, Vendedores de Prensa, Asoc. do Ribeiro e San Cibrao
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
- Centros de COGAMI: Pontevedra, Vigo
- Asociacións Membros Directos de COGAMI: Delg Pontevedra AGADHEMO, AMIZADE, ASODIFISI
- Asociacións Membros Indirectos de COGAMI:ALMYF, AVIDEPO, ADAPTA, VONTADE, AVANZAR, ANDURIÑA, ASOCIACIÓN GALLEGA DE LINFEDEMA
DINAMIZACIÓN ASOCIATIVA:
O programa de dinamización de entidades, consiste na organización e o desenvolvemento de programas e actividades que dan resposta aos problemas ou necesidades das persoas con discapacidade con incidencia na zona de actuación. Este traballo iniciado no ano 2001 con catro zonas de actuación, responde ao planificado no Plan de Acción para as persoas con discapacidade de COGAMI consiste en reforzar os servizos, actividade e a estrutura social das persoas con discapacidade en diferentes zonas comarcais de Galicia, aproveitando os recursos existentes e dotando as asociacións e centros de capacidade de autoxestión.





