![]() |
|
||||
|
Benvido á Páxina principal do periódico virtual da Confederación Galega de Minusválidos. Non se olvide visitar a nosa Web.
|
|
|
||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||
No
marco da política integral de apoio á poboación con
minusvalías, a Deputación
Provincial de Ourense ten un enorme compromiso que comparte con diversos
concellos, a Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia
e outras entidades para o desenvolvemento de programas de atención
ós colectivos de discapacitados da provincia de Ourense.
Nestes intres estase a levar a cabo un programa organizado pola Deputación no que participa a Consellería de Asuntos Sociais denominado “PROGRAMA DE INICIACIÓN ÓS DEPORTES NÁUTICOS PARA PERSOAS DISCAPACITADAS DA PROVINCIA DE OURENSE” e consistente nunha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento de actividades náuticas no Complexo Deportivo de Castrelo de Miño durante os meses de verán. Os destinatarios deste programa, integrado na atención primaria de servicios sociais, son persoas discapacitadas ( físicos, psíquicos e sensoriais) sen requisitos de idade e residentes da provincia de Ourense, organizados en tres grupos de 50 persoas. Estes cursos son totalmente gratis para os participantes e ademáis facilítaselle o transporte ata as instalaccións onde se desenvolven. Os obxectivos deste programa son :
Para conseguir estes obxectivos programáronse actividades que obrigan ós alumnos á distribución de responsabilidades e ó traballo en equipo. Desenvólvense varios tipos de actividades :
Outros dos proxectos que se está a levar a cabo dende a Deputación Provincial de Ourense, en colaboración co Fondo Europeo de Desarrollo Regional da Unión Europea, a Fundación Once e o Instituto de Migraciones y Servicios Sociales, é o denominado “PLANS DE ACCESIBILIDADE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE”. Este Proxecto está destinado a unha serie de concellos da provincia de Ourense: Allariz, Barbadás, O Barco, A Rúa, Maceda, Celanova, Carballiño, Trives, Verín, Ribadavia e Xinzo de Limia e tenta aportar una doble utilidade: por un lado, solucións concretas para a supresión de barreiras arquitectónicas, urbanísticas, no transporte e na comunicación ,e por outro lado, marcar as directrices e servir de referencia de traballo para as futuras actuacións e proxectos dos concellos implicados. Nestes intres faise necesario que a administración adique especial atención á supresión de barreiras nos diferentes ámbitos dos entornos urbáns ata conseguir que a accesibilidade sexa un requisito indispensable do deseño de calquer elemento da cidade. Na actualidade, o número de persoas que encontran dificultades na interacción co entorno urbán está aumentando nos países desenrolados debido a dous factores: o progresivo envellecemento da poboación (consecuencia da combinación entre o descenso da natalidade e o aumento da esperanza de vida) e os avances da medicina, que permiten alongar a vida das persoas. O mesmo sucede no caso dos discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais. Ante a existencia de gran diversidade de barreiras e obstáculos nos diferentes entornos nos que vivimos son necesarios programas de actuación que melloren o uso dos ámbitos do urbanismo, a edificación, o transporte, etc, que xa están contemplados nas recentes lexislacións autonómicas en vigor. A través deste programa estase a actuar nos seguintes ámbitos urbáns dos concellos anteriormente mencionados:
|
||||||||||||||||||||||
Volver ó principio da sección |
|
|
|||||
|
|||||
Volver ó principio da sección |
AS RESEÑAS CONTIDAS NESTA EDICIÓN DE COGAMI VIRTUAL BASÉANSE EN ARTIGOS PUBLICADOS EN:
|
||||||||
Volver ó principio da sección |
||||||||
|
CENTRO INTEGRAL DE SERVICIOS AIXIÑA
O CENTRO INTEGRAL DE SERVICIOS AIXIÑA
Provincial, DISCAFIS e as súas entidades asociadas:
- ALCER, Asociación de loita contra as enfermidades
renais. As
dependencias comúns de biblioteca, ximnasio, salón de
actos, cafetería, self-service, etc son compartidas por todas
e cada unha das entidades membro de DISCAFIS.
dirección
dunha fisioterapeuta e Voluntariado de apoio.
Ámbito inicialmente circunscrito ó municipio de Ourense. Funciona dende finais do 2000.
quince ordenadores conectados na rede interna e en internet.
Impártese un curso de empregado de oficina integrado no Plan FIP, e homologado pola Xunta de Galicia, cunha duración de 790 horas. Ademais, programan cursos para as asociacións e, un día ó mes, membros do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia reciben clases sobre terapia familiar sistémica. A outra parte refírese á actividade do Centro Especial de Emprego que tutela AIXIÑA na que se desenvolven traballos de: - Montaxe de cablerías para automóbil - Montaxe de estores e rieles - Carpinteiría metálica - Artesanía en pedra, madeira e pizarra - Fabricación de flotadores de pesca - Soldadura de circuitos integrados para ascensores. - Unidade de cociña central (servicio de catering con menús a colexios e entidades diversas) - Montaxe e venda de trofeos singulares cun servicio de grabación de placas en metal. No CEE traballan 100 persoas, das que un 6% aproximadamente non tén ningunha discapacidade e considérase persoal de apoio. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Volver ó principio da sección |
|
|
||||||||||||
|
||||||||||||
|
Volver ó principio da sección |
|
Este
boletín está realizado ca colaboración da Obra Social de Caixa Galicia. Ultima modificación: 10 de Abril do 2.003. |