O CORREO GALLEGO
Sábado, 12 de Maio do 2001
Domingo, 13 de Maio do 2001

A VOZ DE GALICIA
Domingo, 13 de Maio do 2001

OS ENFERMOS DE FIBROMIALXIA PIDEN QUE SE RECOÑEZA OFICIALMENTE A SÚA DOENZA

A fibromialxia é unha enfermidade que afecta a 70.000 galegos sobre, aproximadamente, un millón de pacientes en toda España. É unha doenza de carácter reumático que incide nas articulacións con síntomas que van dende a dor de ósos, pasando por molestias abdominais, ata cefaleas e insomnio. En Galicia padécena, maioritariamente, as mulleres, cun 90% de pacientes sobre un reducido 10% masculino.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) a regula dende 1990 e en Europa se recoñece como unha minusvalía. En España, os tribunais de calificación a inclúen nos graos
de discapacidade, pero non ocurre así coas prestacións da Seguridade Social. Esta é a reivindicación da Asociación Galega de Fibromialxia (Agafi), por canto os que padecen esta enfermidade sufren aspectos e circunstancias propios dunha minusvalía, oscilando entre o 10 e o 25% dos enfermos a incapacidade temporal ou permanente para desenvolver actividades profesionais.

O texto que aparece na aparece na pantalla é un resumo basado na noticia publicado no diario e fecha citados.