TV

Reportaxes, entrevistas e noticias que falan de COGAMI en televisión.


Manuel de Lario fala de accesibilidade

O técnico de accesibilidade de COGAMI, Manuel de Lario, comenta para TV Ferrol en que punto están as cidades, concretamente a ferrolá, en materia de accesibilidade.

O plan de mellora da accesibilidade en Porto do Son en Canal 7 Rías Baixas

Canal 7 Rías Baixas recolle a presentación en rolda de prensa do plan de accesibilidade que realizou COGAMI para o concello de Porto do Son.

O plan de mellora da accesibilidade en Porto do Son en Canal Barbanza

Canal Barbanza recolle a presentación en rolda de prensa do plan de accesibilidade que realizou COGAMI para o concello de Porto do Son.

Entrevista a Anxo Queiruga 3102016

A canle Santiago TV entrevista ao presidente de COGAMI

COGAMI no programa Mentoring da USC

A USC, COGAMI e La Caixa forman parte do programa Mentoring que colabora na inclusión laboral de estudantes con discapacidade

Entrevista a Juan Gude

Tele Lugo entrevista a Juna Gude, coordinador do centro de recursos de Fingoi

Visita a COGAMI

A visita a COGAMI da concelleira de Políticas Sociais de Santiago sae no informativo de Correo tv.

Somos Capaces 29/12/15

Novo programa #SomosCapaces, unha aposta de COGAMI para amosar unha sociedade inclusiva e que financia a Fundación Iberdrola, tras ser un dos 32 proxectos seleccionados de entre os 400 presentados.
Neste derradeiro programa de 2015, estaremos en Trameve, un centro especial de emprego que se dedica ao desguace ecolóxico de vehículos. Tamén coñeceremos a José Manuel Prado, deportista ourensán que practica boccia e que quere asistir aos xogos paralímpicos de Río. Para rematar, visitamos as instalacións da asociación Grumico, onde teñen un taller de xoiería que vén de ser galardoado polos traballos que alí realizan.

Somos Capaces 22/11/15

Novo programa #SomosCapaces, unha aposta de COGAMI para amosar unha sociedade inclusiva e que financia a Fundación Iberdrola, tras ser un dos 32 proxectos seleccionados de entre os 400 presentados.
Nesta ocasión coñeceremos como se traballa na área de traballo social que ten COGAMI, o primeiro contacto para unha persoa que se achega ata a nosa organización. Logo estaremos en Val do Dubra para ver a actividade que desenvolve o centro de recursos que ten a asociación Avante e remataremos cunha ollada aos inicios de COGAMI da man dun dos seus impulsores, Ramón Sestayo.