Novas

Informacións sobre COGAMI e o movemento asociativo


COGAMI organiza charla de prevención de lesións medulares en Cedeira

16/05/2013 por Cristina Pet

A charla, impartida no IES Punta Candeeira, ten como obxectivo concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco para evitar as lesións de médula

Persoas usuarias do centro de recursos de COGAMI en Mos realizan o camiño de Santiago

16/05/2013 por Cristina Pet

Esta actividade foi posible coa colaboración de AXA Seguros

Roteiro inclusivo sobre rodas

15/05/2013 por Cristina Pet

Máis de 150 persoas con discapacidade concentráronse na explanada de Marina Coruña para iniciar a ruta do carril bici que se dirixe ata a Torre de Hércules. Despois de 3 kms de percorrido, o descanso foi aproveitado para realizar unha actividade na que fixeron voar cometas e lanzaron discos voadores, que persoalizaron eles mesmos.

A Mariña-COGAMI estrea xunta directiva

15/05/2013 por Cristina Pet

A nova presidenta, Emma Camaño, apuntou que a entidade vai seguir a mesma liña marcada ata o de agora, iso si, intentando superar as dificultades actuais derivadas da crise.

COGAMI rexeita os recortes en benestar que se están a producir nas Administracións local, autonómica e estatal

13/05/2013 por Cristina Pet

Durante a XXIII Asemblea Xeral ordinaria celebrada en Santiago, o movemento asociativo da Confederación pensan que os recortes supoñen un retroceso nos dereitos das persoas con discapacidade

COGAMI está presente no Open Internacional de tenis en cadeira de A Coruña

10/05/2013 por Cristina Pet

200 persoas usuarias de entidades que forman parte de COGAMI presencian a competición e tamén reciben clases gratuítas que lles imparte a Escola de Tenis Marineda

Persoas con discapacidade aprenden con COGAMI a buscar traballo en Xove

08/05/2013 por Cristina Pet

12 persoas con discapacidade da Mariña prepáranse durante 3 días para manexarse na busca de emprego

COGAMI-Deza contou cun posto na feira de Lalín

06/05/2013 por Cristina Pet

Os artigos expostos á venda son artesanais e feitos polas persoas usuarias que acoden ao centro de recursos de Medelo

Unhas peregrinas norteamericanas premian a COGAMI pola súa traxectoria

03/05/2013 por Cristina Pet

O premio, un cheque de 1.000 dólares, vai ser investido en proxectos de intervención social