Fondos Públicos

Proxecto: Accións formativas con realización de prácticas en empesa que respondan ás necesidades do mercado de traballo.

Proxecto cofinanciado por:

Orzamento: 24.060,06 euros

Achega concedida: 20.451,05 euros

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES), en concreto no seu obxectivo temático operativo 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Resumo do proxecto: desenvolvemento de dúas accións formativas impartridas por empresas potencialmente empregadoras, realización de prácticas e competencias transversais para o emprego. Unha vez finalicen as accións formativas, estas reforzaranse cun fortalecemento da prospección do emprego neste ámbito para tratar de acadar un 50% de insercións laborais.

______________________________________

Proxecto cofinanciado por:

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade.

Orzamento: 32.915.10€      Achega: 27.607,12€ (gastos de persoal)

COGAMI desenvolve ao longo de ano o Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade co obxecto de dar resposta ás demandas de atención especializada das mulleres con discapacidade en Galicia, especialmente a aquelas que se atopan en situacións de risco (malos tratos, desemprego, baixos recursos, illamento social,…)

No conxunto das delegacións coas que conta COGAMI, ofrécese este servizo, asesorando individualmente a cada muller que se pon en contacto co servizo (dereitos e exercicio dos mesmos, recursos existentes, axudas, medidas de conciliación da vida familiar e laboral, integración sociolaboral, ...)

Todos aqueles casos de mulleres que se atopan en situación de risco (violencia doméstica, violencia de xénero, illamento, problemas de alcoholismo no ámbito familiar, baixos recursos ...) derívanse directamente aos servizos centrais situados na oficina de Santiago de Compostela. A partir deste momento pásase a un nivel de atención máis especializado, individualizado e personalizado onde as mulleres reciben atención por parte dun equipo interdisciplinar.

DATA DE PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN NO DOGA: 31/10/2013
NORMA REGULADORA: RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos Integrais para xestantes e lactantes cofinanciados polo Fondo Social Europeo. (SI427A)

Órgano  Concedente: Secretaría Xeral de Igualdade
Crédito Orzamentario: : 889.777,00 €.

As actuacións desta convocatoria están cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2 tema prioritario 71

______

Proxecto cofinanciado por:

CAPACITANDO: FORTALECENDO CAPACIDADES DAS E DOS DOCENTES DO DISTRITO DE SAN JUAN DE LURIGANCHO A TRAVÉS DA CREACIÓN E IMPLEMENTACIÓN DUN CENTRO DE RECURSOS PARA BENEFICIO DE NENAS, NENOS E ADOLESCENTES CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Orzamento do proxecto: 27.742,53€      Achega: 18.439,00€

COGAMI e a Asociación de apoio e promoción excepcional Yankana Huasy, traballan en colaboración neste proxecto que ten por finalidade contribuír á formación académica do alumnado con discapacidade do distrito de San Juan de Lurigancho, en Lima, Perú.

Con esta iniciativa búscase contribuír de xeito concreto á inclusión educativa das nenas, nenos e adolescentes con discapacidade do distrito de San Juan de Lurigancho, brindándolles docentes capacitados/formados e con recursos educativo-pedagóxicos de calidade para articular unha atención educativa que dea resposta ás súas necesidades, garantindo así o dereito a educación.

Esta meta preténdese acadar a través da creación dun CENTRO DE RECURSOS para docentes, que teña como principais beneficiarias/os directos ás/aos docentes que teñan nas súas aulas alumnado con discapacidade.

No Centro de recursos ofertarase por unha banda formación específica e por outra asesoramento continuado en función da necesidade específica de cada docente, que terán a súa disposición non só asesoramento profesional, senón que se lles facilitará o acceso a material especializado en función da necesidade.

DATA DE PUBLICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS NA WEB DE COOPERACIÓN GALEGA: 21/05/2012
DATA DE COMUNICACIÓN DA CONCESIÓN NO DOGA: 25/05/2012

NORMA REGULADORA: ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación

ÓRGANO  CONCEDENTE: Xunta de Galicia. Consellería De Presidencia, Administracións Públicas E Xustiza.

CRÉDITO ORZAMENTARIO para proxectos no exterior dos outros axentes: 1.000.000 euros (300.000 no ano 2012 e 700.000 euros no ano 2013) .

__________

Proxecto cofinanciado por:

COGAMI desenvolveu o proxecto “Mellora da Xestión e da Prestación de Servizos de COGAMI a través do uso das TICs” , cofinanciado pola da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O proxecto levado a cabo por COGAMI tivo como obxectivo xeral Optimizar a consecución da misión de COGAMI: a inclusión plena na sociedade das persoas con discapacidade, a través do aproveitamento das posibilidades que ofrecen as TIC.

O desenvolvemento deste proxecto posibilitou, por exemplo, a adquisición de produtos de apoio para a Aula de Novas Tecnoloxías para persoas con grande discapacidade, situada no centro de COGAMI-LUGO, a renovación dos equipamentos informáticos das aulas de formación de COGAMI-Santiago e COGAMI-Coruña, e os destinados á formación a distancia, entre outras.

INFORMACIÓN DETALLADA PUBLICIDADE “FONDOS PÚBLICOS”

DATA DE RESOLUCIÓN DA CONCESIÓN: 2/09/2011
DATA DE PUBLICACIÓN NO DOGA: 26/10/2011

NORMA REGULADORA: Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A)

Órgano  Concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Crédito Orzamentario: 1.000.000 €.

Contía da achega: 29.998,72 €

Finalidade da achega: MELLORA DA XESTIÓN E DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE COGAMI A TRAVÉS DO USO DAS TICS.

As actuacións desta convocatoria están financiadas parcialmente, cunha porcentaxe do 80%, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE 31-7-2006), 1083/2006 (DOUE 31-7-2006) e 1828/2006 (DOUE 15-2-2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
MEMORIA

COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, levou a cabo un proxecto de adquisición de equipos informáticos coa axuda da Xunta de Galicia–Presidencia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, cofinanciado tamén polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da convocatoria 2010 de subvencións para o desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia.

O proxecto levado a cabo por COGAMI denominado “Adquisición de Equipamento Informático para COGAMI” tivo como obxectivo xeral optimizar  o funcionamento da entidade e do desenvolvemento dos seus fins co emprego das TIC. O obxectivo específico do proxecto foi a renovación de 58 equipos e unha unidade de baterías para o SAI (Sistema de Alimentación Ininterrompida) para as oficinas de COGAMI, das Aulas de Formación de Mos, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, e do equipamento necesario para desenvolver a formación a distancia.

INFORMACIÓN DETALLADA PUBLICIDADE “FONDOS PÚBLICOS”

DATA DE RESOLUCIÓN: 20/10/2010

NORMA REGULADORA: Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza.

CONTÍA: 23.341,50 €.

FINALIDADE: Adquisición Equipamento.

MEMORIA