Política de Privacidade

Información a usuarios de la páxina web cogami.es

COGAMI, propietario do website cogami.es, obtén a seguinte información a través da páxina web:
• A dirección IP asignada polo PSI ao usuario e o nome de dominio do PSI.
• O día e a hora na que o usuario accedeu á páxina web.
• A dirección en Internet desde a que accedeu a cogami.es (se se accedeu a través doutra URL)
• O total de visitantes que acceden a nosa páxina web.
• O nome do sistema operativo e o navegador utilizado para ver a páxina web.
• O país o que pertence o visitante (ou no seu caso o PSI).

Toda esta información recollida é totalmente anónima e o seu uso é sobre todo para labores de marketing e de estatísticas tecnolóxicas.
Tratamento dos datos de carácter persoal.

COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública con domicilio en Santiago de Compostela (A Coruña – España – Europa) en rúa Modesto Brocos, nº7, 3º bloque, baixo, e con CIF G-32115941, correo electrónico correo@cogami.es e teléfono 981 574 698.
Dacordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o usuario acepta que os datos persoais aportados a través do website cogami.es, ou calquera outro, a COGAMI sexan incorporados aos arquivos de titularidade da mesma empresa, coa finalidade dunha prestación de servizos adecuada cara os nosos usuarios, para fins internos de COGAMI e para manter informados aos nosos usuarios. En caso de comunicacións comerciais, o usuario presta o seu consentimento para o envío de información comercial a través de Internet.

No caso de eventos propios ou realizados en colaboración con outras entidades, cuxo fin da solicitude de datos sexa a inscrición para asistir a dito evento, os datos serán incorporados a un arquivo titularidade de COGAMI para fins relacionados co evento que se organiza na data que aparece no formulario. Nestes casos o arquivo será destruido trala finalización do evento referido.

COGAMI comprométese ao cumprimento da súa obriga de secreto dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose COGAMI o dereito a excluír os servizos rexistrados a todo usuario que facilitara datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito.

Calquera usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus datos de carácter persoal subministrados, mediante petición escrita dirixida a COGAMI - en rúa Modesto Brocos, nº7, 3º bloque, Baixo,  A Coruña – Galicia- España.