Servizos
Información e Asesoramento
Informamos, asesoramos e orientamos tanto ao noso colectivo como a familiares e a entidades públicas e privadas.
Formación
Impartimos cursos ás persoas con discapacidade para que adquiran coñecementos profesionais e poder facilitarlles a inserción laboral.
Emprego
O Servizo de Intermediación Laboral funciona como unha axencia de colocación no colectivo das persoas con discapacidade.
Accesibilidade
Queremos unha accesibilidade universal e traballamos a diario pola eliminación das barreiras arquitectónicas e pola construción dun mundo accesible.
Lecer
Gozar do tempo libre é calidade de vida e por iso pretendemos realizar actividades lúdicas nas que poidan participar os e as nosas usuarias.
Sensibilización
É importante que a sociedade coñeza o que é convivir cunha discapacidade, por iso dedicamos esforzos a sensibilizar tanto aos axentes políticos, sociais como ao resto da cidadanía.
Centros de Recursos
Prestan servizos de apoio adecuados ás necesidades das persoas con discapacidade que acoden aos centros.
Transporte Adaptado
A necesidade dun transporte adaptado eficaz, que cubra as demandas dos usuarios que o utilizan fai que COGAMI poña en marcha unha empresa propia.
Asistencia Persoal
Dentro do servizo de Promoción da Autonomía Persoal en COGAMI temos a xestión da Asistencia Persoal, unha prestación que se lle concede ás persoas en situación de dependencia (Grao III e Grao II).





