Accesibilidade
O nivel de discapacidade dunha persoa moitas veces está directamente relacionado co nivel de accesibilidade do espazo onde estuda, onde traballa, onde vive. A posibilidade de movemento, percepción, comprensión e interacción determina o nivel de autonomía persoal, da autoestima, do desenvolvemento de obxectivos.
Dende xaneiro do 2004, a Área de Accesibilidade presta asesoramento sobre axuda
s técnicas, ergonomía e supresión das barreiras. Os principais eidos de actividade son:
- Asesoramento xeral en materia de Accesibilidade.
- Proxectos para adaptación da vivenda e o posto de traballo.
- Plans de Accesibilidade xestionados por as Administracións Públicas.
A Área de Accesibilidade colabora habitualmente coas Administracións Públicas, colexios profesionais, empresas, fundacións, universidades e outras entidades na divulgación e formación en materia de deseño universal e supresión de barreiras.
Ofrécense tres modalidades:
-Conversas, exposicións e mesas redondas.
-Obradoiros de sensibilización.
-Accións formativas, con certificación de asistencia e aproveitamento.
Se queres consultar algún tema sobre accesibilidade, podes facelo no enderezo http://accesibilidade.cogami.es
PARA MAIOR INFORMACIÓN CUBRE O SEGUINTE FORMULARIO:





