Centros de Recursos

Os centros de recursos para persoas con discapacidade, prestan servizos de apoio ás necesidades das persoas con discapacidade. Un equipo interdisciplinar de profesionais avalía e valora as necesidades dos/as usuarios/as e conxuntamente coa persoa & famila, deseñan o plan de atención individualizada (P.A.I.) axustado as suas capacidades no marco dos servizos e programas do centro, e partindo dunha definición de "centros non finalistas" que deberán promover a saída de usuarios/as cara outros procesos de formación- emprego e de vida autónoma.
Nos centros de recursos están autorizados diferentes áreas como centro de día, centro ocupacional, formación, etc; que funcionan de forma diferenciada. En función das capacidades individuais, préstanse diferentes servizos axustados a cada área de traballo como son servizos de rehabilitación Físico -Cognitiva (fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia,...) de formación básica e instrumental (Graduado en ESO, obradoiros, novas tecnoloxias, habilidades básicas e instrumentais da vida diaria,...), formación, orientación profesional e laboral a través da impartición de cursos orientados ao mercado laboral da zona; ademais doutros servizos complementarios e comúns ( transporte adaptado, acompañamento, comedor,...).
PARA MAIOR INFORMACIÓN CUBRE O SEGUINTE FORMULARIO:





